Federación Galega de Balonmán
03/20/2019 at 13:22
Head

O Moaña, máis preto da fase de ascenso a DHPF tras vencer ao Meaño

Partido clave para conseguir praza na fase de ascenso a División de Honra Prata Feminino (DHPF), onde as locais (Moaña) dominaron o marcador de principio a fin. O partido, que se esperaba emocionante e cheo de intensidade, estivo completamente dominado por un Moaña ao que lle saían todas as accións de cara fronte a un Meaño que parecía non estar na cancha.


Cos dous equipos coñecedores do xogo rival, as de Cynthia Bello non foron capaces de meterse no encontro. O Meaño é un equipo moi novo, co 95% de xogadoras disputando o seu primeiro ano de sénior e incluso algunhas inda sendo xuvenís, mentres que enfronte estaba un conxunto que leva anos traballando polo seu prezado obxectivo, con moita experiencia e peso na categoría e que cada vez están máis preto de dicir que este ano si xogarán a fase. Resultado final, 39-28 a favor do Moaña.


Noraboa Moaña pola constancia e traballo!

0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.