Federación Galega de Balonmán
04/15/2019 at 11:41
AD CARBALLAL XUVENIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA
Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, por segundo ano consecutivo, clasificarse para a fase final do campionato de España xuvenil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría.
Comezaban este venres fronte ao BM Rocasa, onde acadaron unha vitoria por tres tantos. Máis doada foi o triunfo do sábado con un contundente 34-21 ante as extremeñas do Calamonte.
Onte, nun pavillón a rebosar, as de Javier Castro convertíanse en campioas do sector A mediante un empate fronte ao BM Ikasa Madrid que soubo a vitoria, xa que matematicamente lles valía para conseguir o desexado obxetivo.
Noraboa rapazas, corpo técnico e club!
Imaxes cedidas: Xoel Gil