Federación Galega de Balonmán
04/29/2019 at 23:43
Head

MAÑÁ COMEZA EN VIGO A FASE FINAL DO CAMPIONATO ESTATAL XUVENIL FEMININO

O Pavillón de Candeán acollerá a partires deste mércores día 1 de maio, a fase final do Campionato Estatal na categoría xuvenil feminina. Os oito mellores conxuntos a nivel nacional, entre os que se atopa a AD Carballal, enfrontaranse para acadar co título de campión de España. 

As galegas da AD Carballal xogan esta fase por segundo ano consecutivo, engandido nesta ocasión o punto extra de ser as organizadoras da fase. Falamos con Javier Castro, adestrador das viguesas, e cóntanos que enfrontan esta fase co primeiro obxetivo de disfrutala, e a partires de aí, loitar cada encontro para chegar o máis lonxe posible. "Temos un bo equipo de xogadoras que contan cunha ampla experiencia no primeiro equipo de Prata e vimos de superar a grandes conxuntos como son o Ikasa Madrid e o Rocasa. Ademais, o técnico pensa que poderán competir contra calquera rival se consiguen liberarse da presión de xogar na casa. "E por iso, o noso primeiro obxectivo será gozar".


A primeira xornada deixaranos estes encontros:

G.II 16:00h Elche Grupo Assa - AD La Jota

G.II 17:45h Colegio Maravillas Benalmádena - Malkaitz Eskubaloia

G.I 19:30h Gasóleos Vallejo BM Fuentes Carrionas - Avannubo BM La Roca

G.I 21:15h Calfrima AD Carballal - BM. Sanse 


Moita sorte para AD Carballal!

Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.