ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS E VETERÁS
Ábrese o prazo de inscrición para o Campionato Galego de Veterás e Veteráns. Se sodes un grupo amigos/as que estivestedes ou estades vinculados ao balonmán, se sodes un grupos de nais/pais aos que os vosos fillos/as vos meteron neste deporte ou se sodes un grupo de xente que queredes coincidir cunha boa excusa: animádevos a participar!
As árbitras e os árbitros que levades un tempo desconectadas/os non vos librades!, que alguén ten que poñer un pouco de orde! Anotádevos no enderezo electrónico:
Adxuntamos toda a info + folla de inscrición e solicitude de sede.