Hoxe comeza en Pontevedra, co Cisne como protagonista, a fase final do Campionato de España Cadete Masculino
A fase final do Campionato de España Cadete Masculino comeza hoxe en Pontevedra, co Cisne Colegio Los Sauces como representante do balonmán galego.
Hai só dous semanas o conxunto pontevedrés logrou a súa clasificación para a gran final e pouco despois coñeceuse que esta fase ía ter lugar na cidade do Lérez. Serán cinco días do mellor balonmán na categoría cadete.
Mércores, xoves e venres disputarase a fase de grupos, na que o Cisne está encadrado no Grupo 1, xunto a Barça Lassa, EDM Ademar e Ikasa BM Madrid. Maña xogarán o primeiro partido contra o Barça (20:30 horas, no CGTD).
O grupo 2 está formado por Colegio San Agustín, BM Leganés, Gran Camp Zarautz e KH-7 BM Granollers.
Os dous mellores equipos de cada grupo lograrán o pase para as semifinais que se celebrarán o sábado 1 de xuño, mentres que a gran final e a loita polo bronce terán lugar o domingo 2.
Neste enlace podedes seguir os resultados da fase final.
Moita sorte aos nosos rapaces do BM Cisne!