Federación Galega de Balonmán
06/02/2019 at 16:47
Head

Derrota de Galicia ante Euskadi no IV Nacións

Galicia perdeu ante Euskadi, na loita polo terceiro posto no Torneo IV Nacións, que se desenvolveu esta fin de semana en Elgoibar (Euskadi). A selección catalá logrou o título ante Valencia (21-17).

Na loita polo terceiro posto, as galegas caeron ante Euskadi por 33-26, un marcador non reflicte a igualdade durante todo o partido.

As galaicas comezaron frías. O malgaste de forza e coraxe do día anterior fixo efecto nas galegas, que non acadaron o empate no marcador ata o minuto 15 (8-8). Terminou a primeira parte 15-14.

Na segunda metade, Galicia seguiu loitando. Quería pero non podía. A porteira vasca e os paus impedían  que os goles subisen ao marcador. Os minutos corrían e Galicia arriscaba moito máis para roubar balóns. As présas en ataque e os erros defensivos fan  que Euskadi logre a vitoria cun resultado máis amplo.


Galicia, 26: Lucía Vázquez, Lorena Pérez (6), Begoña Ibáñez (3), Alicia Campo, María Álvarez, Carla Rivas (1), Estela Doiro (7), Cecilia Cacheda, Uxía Ferreiro, Tamara Seijas (1), María Pereira (2), Laura Rúa (1), Beatriz Sola (1), Sandra Costas (1), Carla Abad (1) e Carmen Prelchi (2).

0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.