Federación Galega de Balonmán
06/02/2019 at 18:10
Head

Cisne alevín e CP Lucense benxamín proclamáronse campións galegos de clubs

BM Cisne alevín e o CP Lucense benxamín proclamáronse o sábado 1 de xuño en Lalín campións galegos de clubs.

Como todos os anos, este campionato reuniu aos mellores clubs na base do balonmán galego e viviuse no Lalín Area unha xornada deportiva e de convivencia entre nenas e nenos de toda Galicia, na que tamén estiveron presentes as súas familias.

Na categoría alevín o BM Cisne logrou o título tras lograr a vitoria nos tres partidos disputados, mentres que a segunda posición foi para o BM 7 Culleredo Tarrío. O Plaza Carballiño de Ourense ocupou a terceira posición e o CP Lucense foi o cuarto clasificado.

Na categoría benxamín o triunfo foi para o CP Lucense, que tamén venceu nos tres partidos, No primeiro impúxose ao Lalín Montefaro Electricidade e despois ao Bm Culleredo O Burgo e Bm. Pabellón Vistahermosa. Así o título foi para o CP Lucense, co Lalín Montefaro Electricidade na segunda posición; o Culleredo de terceiro e o Pabellón, no cuarto posto.

Noraboa a tod@s por ofrecernos esta xornada na que a convivencia e a amizade foi tan importante como o deporte!!!

0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.