Sinatura do convenio de colaboración entre a Federación Galega e a Federación de Porto
Hoxe sábado 8 de xuño asinouse en Silleda o convenio de colaboración entre a Federación Galega de Balonmán, a Federación de Porto e a organización do torneo Paredes Handball Cup’19, para estreitar lazos entre Galicia e Portugal.
No convenio establécense varios puntos de actuación sobre todo en temas arbitrales, balonmán praia, formación e competicións. A sinatura do convenio foi realizada polo presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o presidente da Federación de Porto, Paulo Martíns e o responsable da organización do torneo, Luís Sousa. O acto tivo lugar en Silleda, onde se está a celebrar a Semana Verde e onde os compañeiros de Portugal están a promocionar o torneo.
En breve haberá reunións coa Federación Portuguesa para poder ampliar a colaboración entre o balonmán galego e o portugués.
.