
O 2 DE XUÑO CELEBRARASE EN VIGO O DÍA DO BALONMÁN NA RÚA CON PRETO DE 2.000 ASISTENTES
O domingo 2 de xuño celebrarase en Vigo a duodécima edición do Día do Balonmán na Rúa, que é a festa de clausura das Escolas Deportivas da Federación Galega de Balonmán e a Deputación provincial de Pontevedra da tempada 2018/19. Na edición deste ano hai 145 equipos inscritos, uns 20 árbitros, disputaranse 293 partidos e contaremos cuns 2.000 nenos e nenas das diferentes escolas deportivas e clubs da provincia. Durante a xornada lúdico-deportiva, que comezará ás 10:30 horas, os rapaces (de idades comprendidas entre os 7 e os… See more
Look
O Campionato Galego de Clubs Alevín e Benxamín celebrarase o sábado 1 de xuño en Lalín
O sábado 1 de xuño celebrarase no Lalín Arena o Campionato Galego de Clubs Alevín e Benxamín, no que participarán un total de oito equipos e 120 deportistas, representando ás súas provincias. Na categoría benxamín, o Lalín Montefaro Electricidade xogará na casa e defenderá o título acadado o pasado ano, tamén en Lalín. O sistema de competición será unha liguiña entre os catro participantes de cada categorías, de forma, que cada un dos equipos disputará un total de tres partidos. O primeiro clasificado, tralos tres encontros,… See more
Look
Ourense acollerá esta fin de semana as finais das Copas Federación Xuvenís
Ourense acollerá esta próxima fin de semana (1 e 2 de xuño) as fases finais das Copas Federacións Xuvenís masculina e feminina. O sábado 1 de xuño a categoría xuvenil masculina pechará a tempada coa final da Copa Federación de Segunda División - Grupo Sur, que enfrentará ao Balonmán Pabellón Ourense e a UB Lavadores de Vigo (12:30 h, Anexo Os Remedios). Os ourensáns, despois de vencer na Copa Diputación o pasado sábado, buscarán unha nova alegria, esta vez diante da súa afección. Pola súa banda, na categoría feminina… See more
Look
AD Carballal, Diario de Pontevedra, Víctor García `Pillo´ e Deputación de Pontevedra, Premios Nacionais 2019
A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer no día de hoxe o listado dos Premios Nacionais 2019 e entre eles atópanse, en representación do balonmán galego, a AD Carballal, o Diario de Pontevedra, Víctor García `Pillo´ e a Deputación Provincial de Pontevedra. A entrega dos premios terá lugar o día 15 de xuño en Oropesa do Mar. Na categoría de clubs, a Asociación Deportiva Carballal recibirá a placa ao mérito deportivo; mentres que en adestradores Víctor García Borrás "Pillo" será condecorado coa Medalla e a Insignia… See more
Look
Hoxe comeza en Pontevedra, co Cisne como protagonista, a fase final do Campionato de España Cadete Masculino
A fase final do Campionato de España Cadete Masculino comeza hoxe en Pontevedra, co Cisne Colegio Los Sauces como representante do balonmán galego. Hai só dous semanas o conxunto pontevedrés logrou a súa clasificación para a gran final e pouco despois coñeceuse que esta fase ía ter lugar na cidade do Lérez. Serán cinco días do mellor balonmán na categoría cadete. Mércores, xoves e venres disputarase a fase de grupos, na que o Cisne está encadrado no Grupo 1, xunto a Barça Lassa, EDM Ademar e Ikasa BM Madrid. Maña xogarán o primeiro… See more
Look