
HOXE DAN COMEZO OS SECTORES ESTATÁIS INFANTÍS, CO AD CARBALLAL FEMININO COMO ÚNICO ANFITRIÓN GALEGO
Os días 23, 24, 25 e 26 de Maio os representantes galegos na categoría infantil, loitarán por facerse un oco entre os oito mellores conxuntos de España. Na categoría feminina poderemos gozar dun dos sectores con presenza galega na casa. O Sector A organizado pola AD Carballal, como campioa galega, estará dividido en dous grupos. As anfitrioas, encadradas no grupo I, enfrontarase ao CD Vallecas e ao Uribe Urduliz E. O Grupo II estará formado polo BM Zamora ademais do Oviedo BF CTD. O Domingo os campións de cada grupo xogarán entre sí… See more
Look
ESTA FIN DE SEMANA, PORRIÑO COMO ANFITRIÓN E MOAÑA BUSCARÁN UN OCO NA DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA
Os días 10, 11 e 12 de maio celébranse as fases de ascenso estatáis a segunda máxima categoría do balonmán feminino español, co BM Porriño e BM Moaña como clubs galegos protagonistas. O BM Porriño, organizador do Sector A, despois de rexeitar varios anos acudir á cita, toma a decisión de poñer aos seus dous conxuntos sénior ao máis alto nivel do balonmán feminino. Unha plantilla que conta con xente que xa debutou con minutos na Liga Guerreras Iberdrola. As porriñesas deberán superar ao Balonmán Zamora, EDM Aceuchal e ao KTM… See more
Look

DEFINIDOS OS SECTORES ESTATAIS CADETES, CON TRES DELES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Os representantes galegos cadetes femininos e masculinos xa coñecen o seu destino e rivais para a disputa dos sectores estatais da tempada 2018/2019 que se celebrarán do 16 ao 19 de maio. Galicia terá un gran protagonismo, xa que na categoría feminina AD Carballal e BM Cangas xogarán na casa e na masculina, o Cisne tamén disputará o sector ante o seu público en Pontevedra. O Carballal masculino será o único que viaxará (León). Os conxuntos femininos afrontarán a competición como anfitrións. A AD Carballal acolle en Vigo o sector A… See more
Look