AITANA SANTOMÉ DISPUTARÁ O TORNEO CATRO NACIÓNS E O CAMPIONATO DE EUROPA COAS GUERREIRAS JUNIOR
Aitana Santomé xogadora do Bm Porriño, forma parte da lista definitiva das Guerreiras Junior que disputarán este verán o Torneo Catro Nacións en Portugal e o Campionato de Europa en Hungría. Antes das citas, o conxunto nacional, realizará unha serie de adestramentos no Pavillón Exterior CSD de Madrid, e no Pavillón Municipal David Santamaría de Guadalaxara. A disputa do torneo terá lugar no Portimao Area de Portugal os días 5, 6 e 7 de xullo, e pola outra banda a cita europea en Györ (Hungría) celebrarase do 11 ao 21 de xullo. Un… Vedi di piú
VedereROBERTO CASTRO PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA RFEBM
Roberto Castro, do Balonmán Porriño, foi convocado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas xornadas de tecnificación de xogadores nados no ano 2005. Os xogadores deberán presentarse na Estación de Atocha o día 13 de xullo (ás 13:00 horas) e dende aí partirán en autobús cara a Burgos, onde se celebrará a concentración ata o día 18 de xullo na Residencia Universitaria Camino de Santiago. Moita sorte Roberto!
VederePABLO GONZÁLEZ, JOSE CHAO E DAVID ÁLVAREZ, COS HISPANOS XUVENÍS AREA
Os galegos Pablo González, Jose Manuel Chao e David Álvarez, pertencentes ao Club Balonmán Praia Veba, foron convocados polo seleccionador nacional Pedro Bago para continuar coa actividade de preparación do Campionato de Europa Xuvenil, que se disputará en Polonia do 27 ao 30 de Xuño. Os xogadores estarán concentrados do 14 ao 17 de xuño nas instalacións deportivas da Universidade de Alcalá de Henares donde traballarán en sesións de mañá e tarde. Moita sorte rapaces!
VedereYAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS
Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… Vedi di piú
VedereAS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA
Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… Vedi di piú
Vedere