AS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA
Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… Vedi di piú
VedereChapela, sede da sesión preparatoria da preselección cadete masculina
Chapela acollerá a sesión de traballo da preselección galega cadete masculina, que se celebrará o día 2 de decembro ás 18:00 horas no pavillón municipal. Este adestramento forma parte da preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.
VedereO domingo 2 de decembro, adestramento da preseleccion galega infantil feminina en Cangas
O Gatañal tamén acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil feminina, que se celebrará o día 2 de decembro, no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo dende as 18:30 h. as 20:00 horas. No documento adxunto tedes a convocatoria.
VedereO Gatañal acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil masculina
Cada vez está máis preto o Campionato de España de Seleccións Territoriais e as nosas seleccións continúan coa súa preparación. Así, a preselección galega infantil masculina celebrará unha sesión de adestramento será o domingo, 2 de decembro, dende ás 16:30 ata as 18:30 horas no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.
VedereVEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO
Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… Vedi di piú
Vedere