

As seleccións galegas xuvenís de balonmán praia, no primeiro Campionato de España
Galicia participará esta fin de semana no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Xuvenís de Balonmán Praia, que se celebrará en Getafe. A selección galega xuvenil masculina enfrontarase no Campionato de España ás seleccións de Madrid, Murcia e Cantabria. Sen ningunha dúbida, os madrileños parten como favoritos de grupo, non só por ser os locais, senón por ter varios xogadores no equipo nacional. No outro grupo atópanse os equipos de Cataluña, Castela a Mancha, Asturias e Aragón. Aquí, os cataláns parecen os … Vedi di piú
Vedere

Adestramentos das seleccións galegas o día 12 de novembro
Continúa o traballo das nosas seleccións preparándose para o Campionato de España de Seleccións Territoriais. que se celebrará en Galicia a comezos de xaneiro de 2018. Os combinados galegos -coa excepción da selección xuvenil feminina que hoxe descansa- adestrarán o domingo 12 de novembro. Aquí tedes a información ao respecto: - Cadete feminino: 12 de novembro, 17:00 horas - Pavillón Municipal de O Gatañal (Cangas). - Cadete masculino: 12 de novembro, 17:00 horas - Pavillón Multiusos de Pontevedra. - Infantil feminino: 12 de novembro,… Vedi di piú
Vedere

O domingo 22, adestramento das preseleccións galegas en Pontevedra e Redondela
Continúa o traballo de preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais infantil, cadete e xuvenil (masculino e feminino) do ano 2018. As nosas preseleccións galegas están citadas o próximo domingo 22 de outubro para realizar unha nova sesión de traballo en Pontevedra e Redondela. A selección infantil feminina adestrará o domingo 22 ás 18:30 horas na Bombonera de Redondela, e neste mesmo pavillón pero ás 16:30 horas terá a súa sesión de traballo o combinado galego cadete feminino. O resto dos equipos adestrarán no… Vedi di piú
Vedere

O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino
Non puido ser. O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino, pero dando a cara en todos os partidos e cunha magnífica imaxe. No primeiro partido caeu contra o Ademar León nun emocionante choque que non se decidiu ata os minutos finais (22-27). O segundo día perderon contra o Colexio San Agustín (27-21) e o último choque foi contra o Barcelona Lassa e os galegos loitaron ata o final para rematar perdendo por dous goles (31-29). Gran traballo rapaces!!!!
Vedere

O Carballal infantil masculino, clasificado para a fase final do Campionato de España
O Carballal infantil masculino acadou de forma brillante a clasificación para a fase final do Campionato de España, vencendo os tres partidos do seu sector disputado esta fin de semana en Vigo. Xiria e Cisne non puideron lograr a clasificación, ao quedar segundos dos seus respectivos sectores. O conxunto vigués era o organizador do sector A, e o club deu a talla tanto a nivel organizativo coma deportivo. O Carballal venceu na primeira xornada ao BM Sanse por 27-23, na segunda derrotou ao Maristas Ademar (31-29) e xa acadou a clasificación antes… Vedi di piú
Vedere