
Adestramentos das seleccións galegas o día 12 de novembro
Continúa o traballo das nosas seleccións preparándose para o Campionato de España de Seleccións Territoriais. que se celebrará en Galicia a comezos de xaneiro de 2018. Os combinados galegos -coa excepción da selección xuvenil feminina que hoxe descansa- adestrarán o domingo 12 de novembro. Aquí tedes a información ao respecto:
- Cadete feminino: 12 de novembro, 17:00 horas - Pavillón Municipal de O Gatañal (Cangas).
- Cadete masculino: 12 de novembro, 17:00 horas - Pavillón Multiusos de Pontevedra.
- Infantil feminino: 12 de novembro, 18:30 horas - Pavillón A Bombonera (Redondela). Xogarán un partido de adestramento contra o equipo cadete feminino da SAR.
- Infantil masculino: 12 de novembro, 16:30 horas - Pavillón A Bombonera (Redondela).
- Xuvenil masculino: 12 de novembro, 17:00 horas - Pavillón Multiusos de Pontevedra