
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 alle 20:34
Chapela, sede da sesión preparatoria da preselección cadete masculina
Chapela acollerá a sesión de traballo da preselección galega cadete masculina, que se celebrará o día 2 de decembro ás 18:00 horas no pavillón municipal. Este adestramento forma parte da preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid.
No documento adxunto tedes a convocatoria.