ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA CO TORNEO DE BAIONA
Esta fin de semana (do 14 ao 16 de xuño) celebrarase o Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Serán tres días de competición nos catro campos dispostos na praia de Ladeira e con 70 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia.… See more
LookROBERTO CASTRO PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA RFEBM
Roberto Castro, do Balonmán Porriño, foi convocado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas xornadas de tecnificación de xogadores nados no ano 2005. Os xogadores deberán presentarse na Estación de Atocha o día 13 de xullo (ás 13:00 horas) e dende aí partirán en autobús cara a Burgos, onde se celebrará a concentración ata o día 18 de xullo na Residencia Universitaria Camino de Santiago. Moita sorte Roberto!
LookPABLO GONZÁLEZ, JOSE CHAO E DAVID ÁLVAREZ, COS HISPANOS XUVENÍS AREA
Os galegos Pablo González, Jose Manuel Chao e David Álvarez, pertencentes ao Club Balonmán Praia Veba, foron convocados polo seleccionador nacional Pedro Bago para continuar coa actividade de preparación do Campionato de Europa Xuvenil, que se disputará en Polonia do 27 ao 30 de Xuño. Os xogadores estarán concentrados do 14 ao 17 de xuño nas instalacións deportivas da Universidade de Alcalá de Henares donde traballarán en sesións de mañá e tarde. Moita sorte rapaces!
LookYAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS
Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… See more
LookAS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA
Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… See more
Look