O secretario xeral para o Deporte clausura o Master Coach
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, clausurou hoxe o terceiro módulo do Master Coach, que se celebrou ao longo desta semana en Pontevedra. O Centro Galego de Tecnificación Deportiva foi a sede, do 8 ao 12 de xullo, deste curso da Escola de Adestradores, no que tivemos a personalidades do mundo do balonmán como Zupo Equisoain, Juan Carlos Zapardiel, Francisco Sánchez, J J. Espina Agulló, Unai Arrieta ou Mario Bernardes. Este curso celebrouse en Galicia, nunha acción encadrada dentro das actividades do Mundial Júnior,… Siehe mehr
SieheMAÑÁ COMEZA EN MOAÑA A ÚLTIMA PROBA CLASIFICATORIA DO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA
Hoxe presentouse na Praia da Xunqueira en Moaña, a última proba clasificatoria do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019, que se celebrará esta fin de semana nesta localidade. No acto informativo participaron a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos; a tenente de alcalde, Marta Freire; o concelleiro de Deportes, Juan Parcero e Fernando Mosquera, en representación da Federación Galega de Balonmán. Os días 12, 13 e 14 de xullo participarán 82 equipos das categorías alevín mixto e infantil, cadete, xuvenil e sénior, masculino e feminino,… Siehe mehr
SieheDous triunfos galegos na primeira xornada do Torneo Infantil de Cangas de Narcea
Dous triunfos galegos na primeira xornada do Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea, que se está a celebrar en Asturias do 10 ao 14 de xullo. Galicia feminina gañou a Extremadura e a selección masculina foi moi superior a A Rioxa. Infantil feminino: Galicia 21-14 Extremadura. A selección galega infantil feminina comezou o Torneo de Cangas de Narcea cunha vitoria fronte a Extremadura. Non foi un choque sinxelo. Os nervios e as inseguridades das nosas deron lugar a un partido con moitos altibaixos, tanto ofensiva como defensivamente. Así… Siehe mehr
SieheESPAÑA DEBUTA EN REDONDELA
A selección española júnior estrearase o sábado 13 de xullo (19:00 horas) en Redondela contra Chile. Será un partido amigable si, pero unha proba fundamental para o seleccionador Isidoro Martínez, xa que lle permitirá medir o nivel competitivo dos seus xogadores uns días antes do inicio do Mundial de Vigo e Pontevedra 2019. A selección española forma parte do grupo A, mentres que Chile está encadrado no grupo D. Este choque tamén será unha magnífica oportunidade para que o público galego poida ver en acción aos hispanos. O acceso… Siehe mehr
SieheVEBA WATER E PAINKILLERS, VENCEDORES DO TORNEO DE BALONMÁN PRAIA DA GUARDA
A pasada fin de semana a localidade da Guarda organizaba, na zona de Codesal, a cuarta proba do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019. Como sempre, un éxito de participación en todas as categorías, o que permitiu que o Baixo Miño puidese gozar co gran nivel que están a amosar esta temporada todos os conxuntos. En sénior feminino, o Veba Water colábase unha vez máis na final. Pese as importantes baixas de Lorena Barreiro e Erika F. Carrera, souperon antepoñerse ás adversidades e superar ao Veba Baywach para proclamarse campioas. Na… Siehe mehr
Siehe