VEBA WATER E PAINKILLERS, VENCEDORES DO TORNEO DE BALONMÁN PRAIA DA GUARDA
A pasada fin de semana a localidade da Guarda organizaba, na zona de Codesal, a cuarta proba do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019. Como sempre, un éxito de participación en todas as categorías, o que permitiu que o Baixo Miño puidese gozar co gran nivel que están a amosar esta temporada todos os conxuntos.
En sénior feminino, o Veba Water colábase unha vez máis na final. Pese as importantes baixas de Lorena Barreiro e Erika F. Carrera, souperon antepoñerse ás adversidades e superar ao Veba Baywach para proclamarse campioas.
Na categoría masculina os vigueses de Painkillers facíanse co Torneo da Guarda despois dunha tempada de altibaixos. Na final, venceron ao Atlético de Marín, que viña reforzado tras superar nos cuartos de final ao Zas, un dos equipos co mellor palmarés nas praias galegas.
A continuación tedes a clasificación en todas as categorías:
Alevín:
Servisub Area Bueu
Infantil feminino:
Merengue Cremosso Team
Infantil masculino:
Veba Os da Jrada
Cadete feminino:
Veba Water
Cadete masculino:
Servisub Area Bueu
Xuvenil feminino:
BMP Pescados
Xuvenil masculino:
Veba Pico
Sénior feminino:
Veba Waterfuckers
Senior masculino:
BMP Painkillers