Information of IX Torneo Intermunicipal Ares Mugardos de Fútbol sala
Competition
Name
IX Torneo Intermunicipal Ares Mugardos de Fútbol sala
Sport
Futsal
Description
BASES TORNEO DE FÚTBOL SALA ADULTOS:Disputarase nos Pavillóns deportivos municipais de Ares e Mugardos, en dúas ou tres xornadas á semana, os mércores, xoves e venres, en horarios por semana entre as 19,30 e as 23,30 ( sempre en función do número de equipos inscritos, cun tope de 16 equipos). O Torneo comezará despois de mediados de novembro,unha vez rematen as obras do pavillón de Mugardos. Pararase o torneo nas datas sinaladas como festivas, así como na época de Nadal, Carnavais e Semana Santa.
Establecese en principio a cifra tope de 16 equipos ( adxudicaranse por rigurosa orde de inscripción).
Estabelecese unha cota de participación por equipo de 300 € ( 225 € de inscripción e 75 € de fianza que se devolverá a todos os equipos que rematen o campionato e non sufran ningunha sanción disciplinaria). O pago da cota por participación farase ese mesmo día, no caso de impago procederase a anular os dereitos de participación no torneo do equipo puidendo acceder equipos que estiveran na lista de espera por orde de dereito).
Para tomar parte neste torneo será condición indispensable, ter os dezaoito anos cumpridos antes da disputa do primeiro partido no que participe. Cada equipo terá un máximo de 14 xogadores, dos cales un máximo de 4 poderán estar federados na modalidade de fútbol sala. Os equipos poderán incorporar xogadores de forma libre ata o 31 de xaneiro, período tras o cal non se permitirá ningún cambio nos planteis. Calquera incorporación nas plantillas dos equipos comunicarase á organización, con alomenos 48 de antelación ( a través do correo da organización: [email protected]) , indicando si fose preciso que xogador causa baixa e/ou os datos da nova incorporación.
Estabelecerase unha Cada equipo participante, no momento da inscripción do equipo, entregará unha declaración manifesta de que todos os seus compoñentes se atopan fisicamente aptos para a participación no torneo e que dispoñen de cobertura sanitaria ou seguro persoal ou colectivo para o caso de lesión ou falecemento durante a celebración do Torneo. Por elo estabelecese como data tope para entrega de dito documento de sinaturas, a disputa do primeiro encontro. Aquel xogador que non figure no documento non poderá xogar o partido. Os organizadores non se farán cargo de ningún dano producido durante a competición por lances do xogo.
Campionato desenrolarase polo sistema de liga nunha primeira fase de todos contra todos a unha volta. Ao rematar esa primeira fase, procederase a unha fase final polo título, onde a metade dos equipos ata un máximo de oito cruzaranse ( 1-8, 2-7, 3-6, 4-5) e os restantes nun máximo de 8 desputarán a consolación. Haberá trofeos aos tres primeiros clasificados polo título, así como ao gañador da final da consolación. Tamén haberá distinción ao máximo realizador e ao equipo menos goleado. Establécense catro premios consistentes en vales en material deportivo para os catro primeiros clasificados ( 500-250-150-100 € )