Federación Galega de Balonmán
21/05/2010 a las 00:00

A SELECCIÓN GALEGA MASCULINA SUPEROU CON FACILIDADE A GRAN BRETAÑA EN VIGO

P>Galicia necesitou corenta minutos para definir a realidade do seu balonmán e da futura selección olímpica de Gran Bretaña, que utilizará esta serie de amigables para rodarse cara á fase clasificatoria do Europeo 2012, en Londres (Crystal Palace) en tres semanas fronte a Chipre, Estonia e Bulgaria (10 ao 12 de xuño). /P> P>Galicia, sen dous Asobal como Sergio Cid (disputando a Copa vasca) e Víctor Vigo (ausente por cuestións persoais), tivo no vigués Rafa Dasilva (Teucro) á súa referencia xeral, aínda que o equipo estivo por baixo nos primeiros minutos, grazas ao visitante Prieto. BR>  BR>No oitavo minuto de xogo, Pedro Rodríguez puña aos de Teixeira por vez primeira por diante (5-4) e os galegos xa non cederían. Custoulles defender a un conxunto rápido nos primeiros compases (gran nivel do porteiro Javi Díaz). Logo, Galicia soubo correr, distribuír o seu ataque co maior rendemento e defender moito mellor a un rival que sacou un recurso táctico perfecto (tres “fly” de catro intentos) pero que se desmoronou xusto tras remontar (do 16-13 a 17-16). /P> P> BR>Teixeira, seleccionador local, pegoulles una cantos berros aos seus xogadores, Galicia espertou e os británicos afundíronse. Este sábado, segundo encontro, no pavillón de Gatañal (Cangas) ás 19:00 horas e con entrada gratuíta e merecida homenaxe a Alejandro López. Teixeira recupera a Cid e Vigo. /P> P> FONT size=2> STRONG>Galicia (12+22): /STRONG> Javier Díaz, Cerillo Fernández (1), Pedro Rodríguez (4, 1p), Iván Infestas (2), Pablo Hervello (2), Rafa Dasilva (6), Dani Benaches (1) –sete inicial-, Rodrigo Corrales (ps), Alberto Salgado (3), Adrián Rosales (4, 1p), Javier Carrera (4), José Antonio Varela (2), Víctor Frade (1), Iago Cuadrado (2) y Serafín Pousada (2). Adestradores: Fran Teixeira e Alejandro López. BR> STRONG>Gran Bretaña (11+11): /STRONG> Bob White, Ciaran Williams (1), Sebastian Prieto (3), Martin Hare (2), Steve Larsson (2), Mark Hawkins (4), Chris McDermott (4) –sete inicial-, Nicholas Satchwell (ps), Merlin Braithwaite, Chris Mohr (3), Huw Goodwin (1), Alex Girvan, Robin Garnham (2) e Sebastien Edgar. Adestrador: Bill Baillie. BR> STRONG>Árbitros: /STRONG> Fernando Eiras e Martín Rodríguez (Galicia). Dous minutos para Pousada e os británicos Larsson, Braithwaite, Williams, McDermott e Prieto. BR> STRONG>Parciais: /STRONG> 1-3, 5-4, 5-5, 7-5, 11-8, 12-11 (descanso), 15-13, 18-16, 22-18, 27-20, 30-21 e 34-22 (final). BR> STRONG>Incidencias: /STRONG> Pavillón das Travesas. Máis de 400 espectadores. No palco, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso, o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro, e o director técnico da FGB, Antonio Plaza, e o presidente do Pilotes Posada, Javier Rodríguez. Nas bancadas, algún xogadores do Pilotes (Crevatin, Gustavo Alonso, Stefanovic, Pablo Macías o Yeray, ademais do seu técnico, Quique Domínguez). /FONT> /P> P> BR> STRONG>Selección feminina. /STRONG> Pola súa banda, o equipo feminino non tivo sorte no primeiro partido do III Memorial Tito Pispieiro. O combinado dirixido por Abel Estévez atopouse cun durísimo rival, Euskadi, que gañou con facilidade (19-34). Galicia botou en falta ás xogadoras da máxima categoría, que non pudieron estar nesta oportunidade. No partido amigable entre Gran Bretaña e Catalunya o equipo inglés foi superior e gañou por 30-25. /P> P>Hoxe Galicia xogará contra Catalunya, mentres que os outros partidos do Memorial Tito Pispieiro son Euskadi-Catalunya e Portugal-Gran Bretaña. /P>
Nombre Tamaño Fecha
Ver _79O3436.JPG 44,81 KB 21/05/2010
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.