Federación Galega de Balonmán
23/05/2010 a las 00:00

CATALUNYA IMPONSE ANTE UNHA GALICIA RENOVADA

P>Con novas caras presentouse a selección galega, debido ás numerosas baixas das súas xogadoras máis importantes. A pesar diso, Galicia intentou pór en apuros á última campioa deste trofeo Memorial Tito Pispieiro. /P> P>A selección galega presentaba un cadro de persoal totalmente novo con respecto ás súas últimas convocatorias, debido en parte, ás numerosas baixas coas que contaba para disputar estes partidos. Desde o inicio a selección catalá dominou o encontro e o xogo. A pesar de xogar o seu partido pola mañá contra Euskadi, no que perderon por 31-22, repuxéronse pola tarde e atopábanse con ganas para levar o partido ante o equipo galego. /P> P>Catalunya cun equipo con maior potencial e moito máis consolidado que o galego nesta ocasión mantivo ao longo do partido unha vantaxe cómoda no marcador que lle levou a ter o tempo do partido e dominar en todas as facetas, tanto ofensivas como defensivas. O equipo galego, con accións individuais máis que bo xogo, mantivo as súas opcións para que a vantaxe non fose crecendo. Aínda que ao descanso o marcador era de 13-9 a favor de Catalunya. Galicia intentaba cun ataque 4:2 con dobre pivote facer dano á defensa catalá, pero un parcial de 5-1 lograron máis vantaxe aínda. As catalás defensa 6:0, con algunhas disuasiones a lateral dereito. Maior rotación do equipo catalán, e maior ritmo imposto que as galegas. Por Catalunya destacou o seu lateral dereito Anna Manaus, máxima goleadora do seu equipo con cinco goles. Por Galicia, Paula Cosque, tamén con cinco goles, desde o extremo dereito. /P> P>Catalunya demostrou ser un gran equipo, non só unha selección e levou o encontro merecidamente. Ao final da segunda parte, as catalás baixaron os brazos, debido ao cansazo acumulado dos seus dous partidos anteriores, e as galegas puideron maquillar o marcador final 26-21. BR> BR>PARCIAIS: 1-3, 5-5, 8-6, 10-6, 11-7, 13-9 (descanso) 16-9, 19-12, 21-12, 23-13, 24-17, 26-21. BR>CATALUNYA 26 (13+13):  Estefanía De la Iglesia, Anna Noguera (3), Jennifer Nana (4), Berta Rodríguez (3), María Cadens (3), Anna Pi (2), Sandra Pérez (3), Maria Moya (1), Andrea de la Torre, Gael Alfaro, Carla Gómez (1), Anna Manaut (5), Cristina Morell (1), Silvia Lladró, Alba Royo. Amonestacións: Gael (26´), Carl (3´). Exclusións: Jennifer (28´), Anna Pi (46´), Gael (47´). BR>GALICIA 21 (9+12): Alba Araujo, Begoña Ibáñez (1), Carla Abad, Paula Fernández (3), Sandra Costas (4), Silvia Pérez (3), Aloa Martínez (2), Ana Rodríguez, Cristina Barreiro (2), Paula Cosque (5), Tania Rodríguez, Maria Pascual (1), Bibiana Amoedo, Anne Ria. Amonestacións: Paula Fernánez (7´), Sandra Costas (1´), Abel Estévez (Prep. 34´).  Exclusión: Begoña (58´), Sandra Costas (5´).   BR>ÁRBITROS: Vanesa Pérez e Marcos Pérez. /P>
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.