Federación Galega de Balonmán
16/07/2010 a las 00:00

A SELECCIÓN ESPAÑOLA XUVENIL, CONCENTRADA ATA O DÍA 28 DE XULLO NO PORRIÑO

P>A selección española xuvenil masculina está concentrada dende o­nte día 14 de xullo ata o día 28 de xullo no Porriño e xogará dous partidos na zona sur galega. Na convocatoria figura o galego Pablo Cacheda (Academia Octavio). /P> P>O equipo chegou o día 14 a Vigo e se trasladou ata o hotel de concentración (Hotel Parque) para comezar a concentración en Galicia. Os rapaces terán dobre sesión de adestramento no Pavillón Municipal do Porriño e un dobre enfrontamento co equipo brasileiro. O venres 23 xogarán contra Brasil no Porriño (20:30 horas) e o sábado volverán a enfrontarse no pavillón de Chapela (20:30 horas). /P> P>O día 28 de xullo o equipo trasladarase en autobús en dirección a Guimaraes o­nde disputará o Torneo Scandibérico, no que se enfrontará a Dinamarca, Suecia, Portugal e Noruega os días 29, 30, 31 de xullo e 1 de agosto. /P> P>Europeo. Esta será a primeira parte da concentración, xa que o equipo disputará no mes de agosto o Campionato de Europa en Montenegro, polo que volverá a concentrarse en Madrid (Pinto) a partir do día 6 de agosto, tamén coa presenza do xogador galego Pablo Cacheda, central de 18 anos que xa debutou a pasada tempada en Asobal co Octavio. Estarán adestrando en Pinto tres días, xa que o 9 pola mañá viaxarán en dirección a Montenegro, o­nde comezarán a xogar a fase previa o día 12 de agosto contra Portugal. /P> P> BR>  /P>
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.