Federación Galega de Balonmán
18/10/2010 a las 00:00
Cabecera

A SELECCIÓN ESPAÑOLA INAUGURARÁ O LALÍN ARENA NUN PARTIDO OFICIAL CONTRA LITUANIA

A selección española masculina de balonmán inaugurará, nun partido oficial contra Lituania, o Lalín Arena o vindeiro día 27 de outubro. Sen dúbida algunha a mellor forma de presentar o novo recinto que ten capacidade para 3.500 persoas e que albergará un partido oficial do combinado nacional e, por tanto, o mellor balonmán mundial. 

O equipo español enfrontarase a Lituania a partir das 20:30 horas, nun choque co que se da inicio á fase de clasificación do Campionato Europeo, que terá lugar en Serbia no ano 2012. A entrada ao recinto será gratuita ata encher o aforo.
 
O seleccionador nacional Valero Rivera ofreceu hoxe a lista de xogadores que a próxima semana disputarán os dous primeiros partidos clasificatorios para o Europeo 2012 de Serbia, nos que se enfrontarán a Lituania (27 de outubro ás 20:30 h. en Lalín) e a Romanía (domingo 31 de outubro ás 18:00 h. -17:00 hora española- en Oradea, Romanía).

 Na convocatoria entra o lateral esquerdo do Frakin Bm. Granollers, Antonio García Robledo, un xogador potente, bo lanzador e excelente defensor, que ve aos seus 26 anos a posibilidade de debutar co equipo nacional, tras asinar unha gran tempada 2009/2010 e arrancar a presente campaña nun formidable estado de forma.

A lista completa está formada por dezaseis xogadores: Sterbik e Hombrados en portaría; Juanín García e Cristian Ugalde no extremo esquerdo; Roberto García Parrondo e Cristian Malmagro no extremo dereito; Julen Aguinagalde e Rubén Garabaya no pivote; Chema Rodríguez, Raúl Entrerríos e Joan Cañellas como centrais; Eduardo Gurbindo e Jorge Maqueda no lateral dereito; e Iker Romero, Viran Morros e o citado Antonio García no lateral esquerdo.

O Renovalia Bm. Ciudad Real é o conxunto que máis efectivos achega á selección (7), seguido do FC Barcelona Borges (4), por un representante de Cuatro Rayas Bm. Valladolid, Naturhouse La Rioja, Fraikin Bm. Granollers, CAi Bm. Aragón e o conxunto danés do AG Kobenhanv onde xoga Malmagro.

O equipo concentrarase o luns en Lalín, onde terá o seu cuartel xeral para preparar ambolos dous partidos, con sesións de adestramento o mesmo luns pola tarde, martes en dobre sesión de mañá e tarde, para afrontar o partido do mércores fronte a Lituania. O xoves o equipo tamén traballará en Lalín, para partir o venres a Romanía.

Valero Rivera é consciente que estes dous primeiros partidos de clasificación para o Europeo 2012 de Serbia son "importantes para o equipo, xa que ambos os dous rivais teñen entidade no concerto continental. A Lituania xa nos enfrontamos na clasificación para o Europeo 2010 de Austria e son un equipo moi rochoso, cunha defensa 5:1 intensa e que no seu campo será un rival moi complicado, como xa demostraron cando xogamos alí e, malia gañar finalmente de seis, chegamos a estar tres abaixo".

"De Romanía pouco se pode engadir se ves que eliminaron a Rusia para o Mundial de Suecia, gañando en Rusia de cinco goles. É un bo conxunto, con moita calidade, que fan un xogo rápido, teñen grandes lanzadores na primeira liña, o que lles da moitas alternativas en ataque, e sobre todo, xogan en equipo", afirma o seleccionador.

 

 

Nombre Tamaño Fecha
Ver lista convocados.pdf 30,24 KB 18/10/2010
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.