Federación Galega de Balonmán
06/01/2011 a las 00:00

AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL MASCULINA E FEMININA E A CADETE MASCULINA, EN CUARTOS DE FINAL DO CAM

Faltou moi pouco para conseguir o pleno, pero dos catro equipos presentes no Campionato de España infantil e cadete que se está a disputar en Cáceres, Galicia clasificou a tres para os cuartos de final. A selección infantil masculina e feminina e a seleccion cadete masculina buscarán hoxe o pase ás semifinais.
 
Na categoría infantil, os resultados foron moi bos para Galicia. O conxunto feminino, dirixido por Estanislao Santos, superou a Navarra no último partido do grupo (17-9) e logrou o segundo posto da clasificación xeral. Desta forma, mañá día 7 de xaneiro disputará os cuartos de final (9:00 horas) fronte a Canarias.
Pola súa banda, o equipo masculino tamén gañou no terceiro partido fronte a Canarias (38-25) e xa pensa nos cuartos de final contra Asturias (mañá, 12:00 horas).
Na categoría cadete, o equipo masculino tamén conseguiu o pase para os cuartos, a pesar de atoparse nun grupo moi duro. Hoxe gañou a Madrid (34-30)  logrou a segunda posición do seu grupo. Mañá terá que enfrontarse a Castela e León (a partir das 10:30 horas) para acadar o pase as ansiadas semifinais.
Desgraciadamente, o conxunto cadete feminino non logrou clasificarse para os cuartos. No cruce dos grupos preferentes, tocoulle enfrontarse a Asturias e caeu derrotada (28-23), polo que agora a súa loita é polos postos 9-12. Mañá xogará contra Valencia (10:30 horas).
 
Máis información, na páxina web do campionato, coas estadísticas.
 
 
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.