Federación Galega de Balonmán
19/01/2017 a las 00:00
A SELECCIÓN ESPAÑOLA PROMESAS, COS GALEGOS RUBÉN FERNÁNDEZ E DANIEL FERNÁNDEZ, NAS SEMIFINAIS DO CAM
A selección española masculina promesas, cos galegos Rubén Fernández (Seis do Nadal) e Daniel Fernández (BM Cangas), acadaron hoxe a súa clasificación para as semifinais do Campionato do Mediterráneo, tras facer un pleno de vitorias na primeira fase. A semifinal disputarase mañá (11:00 horas) contra Italia.
O equipo español realizou unha magnífica fase de grupos, ao sumar un total de cinco triunfos contra Polonia, Alxeria, Turquía, Qatar e Francia, así acadaron a clasificación para as semifinais como líderes do grupo A , mentres que Italia foi a segunda do grupo B.