Federación Galega de Balonmán
26/05/2017 a las 08:54
Cabecera

Todo o balonmán galego pendente do Atlético Guardés e do Frigoríficos do Morrazo

Fin de semana histórica para o balonmán galego. O Atlético Guardés pode acadar o título da División de Honra Feminina por primeira vez na súa historia, nunha cita que se celebrará o sábado 27 de maio (19:00 horas) no Pavillón da Sangriña ante o Granollers.

O equipo galego necesita un punto para acadar o título sen necesidade de estar pendente do que faga o Bera Bera. Enfronte estará o Granollers, un equipo moi duro que fixo sufrir as rapazas de José Ignacio Prades no partido de cuartos de final da Copa do Rei disputado en Porriño, no que so puido vencer nun lanzamento de falta co tempo xa rematado.

Na Sangriña non caberá un alfinete e o resto poderemos seguilo a través da TVG-2 ou do streaming da RFEBm.


E non será o único foco de atención do balonmán galego nesta fin de semana. Ademais, o Frigoríficos do Morrazo ten que gañar ao Bidasoa Irún e esperar o tropezo de Villa de Aranda ou BM Benidor para garantir a súa permanencia un ano máis na Liga Asobal.

Será unha xornada na que os afeccionados do Morrazo non só estarán pendentes do que sucede no Gatañal o sábado (17:00 horas), tamén estarán moi atentos ao que suceda en dous pavillóns máis, xa que, ademais de gañar, o seu equipo necesita que Villa de Aranda ou Benidor perdan o seu partido para poder confirmar a permanencia.


Moita sorte para BM Cangas e Atlético Guardés!!!


Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.