Federación Galega de Balonmán
28/05/2019 a las 18:12
Cabecera

A SELECCIÓN GALEGA FEMININA PARTICIPA NO TORNEO IV NACIÓNS, QUE ESTE ANO SE CELEBRA EN EUSKADI

A selección galega feminina absoluta participará esta fin de semana (1 e 2 de xuño) no Torneo IV Nacións, que se celebrará en Elgoibar (Euskadi), coa participación de Cataluña, Galicia, Euskadi e Valencia.

A seleccionadora galega Elena Estévez convocou a 16 xogadoras de clubs galegos (Balonmán Porriño, Atlético Guardés, Unión Balonmán Lavadores, Carballal, SAR Ledisson, Balonmán Caselas e Coreti Lalín) e tamén do Logroño (Carla Rivas) e do Granollers (Carmen Prelchi).

As xogadoras están convocadas para un adestramento o xoves 30 de maio (21:00 horas) no pavillón municipal de Lavadores, mentres que a saída cara Euskadi está prevista para o venres 31 (15:00 horas) dende o Pavillón do Porriño.

A competición desenvolverase o sábado 1 de xuño (semifinais) e o domingo 2 (final e loita polo terceiro posto). Galicia xogará o sábado 1 de xuño contra Cataluña ás 17:30 horas, mentres que a outra semifinal será Euskadi-Valencia (19:30 horas). O domingo a final disputarase ás 12:30 horas e o choque para decidir o terceiro posto comezará ás 10:30 horas.

2018. O pasado ano a décima edición do Torneo IV Nacións celebrouse no Porriño, con triunfo de Euskadi, nunha final inédita contra Guinea. Pola nosa banda, Galicia foi terceira tras superar a Cataluña. Este torneo celébrase dende hai xa once anos, con sedes alternas en Galicia, Euskadi e Cataluña.

Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o plan de viaxe.

Nombre Tamaño Fecha
Ver Convocatoria IV Naciones (V1).pdf 748,85 KB 31/05/2019
Ver Plan viaje IV Naciones.pdf 705,87 KB 28/05/2019
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.