Federación Galega de Balonmán
01/06/2019 a las 18:52
Cabecera

A selección galega absoluta feminina perdeu na prórroga a semifinal do IV Nacións

A selección galega absoluta feminina caeu derrotada na prórroga e pola mínima ante Cataluña na primeira semifinal do Torneo IV Nacións, que se está a disputar en Elgoibar (Euskadi) esta fin de semana. As galegas tiveron un 7 metros para empatar o partido co tempo xa rematado, pero a portería catalá detivo o lanzamento (32-31).

A igualdade no marcador foi a tónica do partido. Galicia comezou a primeira parte tratando da ti a ti a unha gran selección catalá. Pese a todo, na primeira parte, as galegas  estiveron 2 ou 3 goles abaixo no marcador. Terminou a primeira parte 18-16.

No inicio da segunda, Galicia estivo moi seria en defensa e moi rápida na contra, o que tivo reflexo no marcador, xa que se voltou favorable ás nosas xogadoras con distancias curtas de dous ou tres tantos.

Nos últimos minutos da segunda parte, Galicia pagou moi cara unha discutible exclusión de Estela. Deste xeito Cataluña foi capaz de empatar e chegar á prórroga. O cansazo acumulado das galegas cada vez ía minguando máis ao equipo. A falta de 15 segundos un roubo de balón das galegas e un rápido contragolpe permitiulles forzar o último 7 metros do encontro. A porteira do Cataluña, moi acertada durante todo o partido, conseguiu parar a pena máxima e Galicia perdeu 32-31.

Garra, corazón e loita son os cualificativos das galegas!

Galicia, 31: Lucía Vázquez (1), Lorena Pérez (7), Begoña Ibáñez (3), Alicia Campos (1), María Álvarez (1), Carla Rivas (3), Estela Doiro (3), Cecilia Cacheda (3), Uxía Ferreiro, Tamara Seijas, María Pereira (1), Laura Rúa (2), Beatriz Solá (3), Sandra Costas (1), Carla Abad e Carmen Prelchi (2).

Parciais: 6-2, 8-5, 12-8, 14-12, 16-13, 18-16 (descanso), 20-17, 21-18, 21-21, 22-25, 25-27 e 28-28 (final), 31-31, 32-31.

0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.