Federación Galega de Balonmán
12/09/2017 07:58

Adestramentos das seleccións galegas infantís, cadetes e xuvenís

Comezan os adestramentos das seleccións galegas para formar os equipos que competirán no Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2018 en Galicia. Esta fin de semana celebrarase o primeiro adestramento das seleccións cadete masculina (zona sur), cadete feminina, infantil masculina e feminina e xuvenil masculina e feminina. Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias e os lugares de celebración das sesións de traballo.

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
23/06/2017 20:07

Adestramento das seleccións galegas infantís o día 25 de xuño

O domingo 25 de xuño as seleccións galegas infantís (masculina e feminina) terá sesión de traballo, co obxectivo de definir o equipo que disputará o Torneo de seleccións de Cangas de Narcea (do 5 ao 9 de xullo). A selección infantil masculina está convocada o domingo 25 (18:30 horas) no pavillón municipal de Meaño (preto do CEIP As Covas), mentres que o equipo feminino adestrará ás 16:30 horas no mesmo pavillón. Nos documentos adxuntos tedes as respectivas convocatorias.

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
12/04/2017 11:42

Seleccións Galegas 2017

Gran actuación das nosas seleccións np Campionato de España 2017. Os nosos equipos regresaron cunha prata (xuvenil masculina) e un bronce (infantil feminino). Ademais, a selección cadete feminina foi cuarta clasificada, mentres que a infantil masculina acadou a quinta posición e os cadetes foron sextos. Por último, indicar que a selección xuvenil feminina logrou o bronce na Copa de España.

Ver
Federación Galega de Balonmán
11/04/2017 11:53

Seleccións Galegas

As seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil (masculinas e femininas) disputaron o Campionato de España 2017 en Cataluña.

Ver
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.