
Seleccións Galegas - Torneo Salnés 2018
Torneo disputado do 7 ao 9 de Decembro


Chapela, sede da sesión preparatoria da preselección cadete masculina
Chapela acollerá a sesión de traballo da preselección galega cadete masculina, que se celebrará o día 2 de decembro ás 18:00 horas no pavillón municipal. Este adestramento forma parte da preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.
Ver

O día 2 de decembro, adestramento da preselección galega cadete feminina en Poio
A preselección galega cadete feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. O adestramento será o domingo 2 de decembro, ás 18 horas, no Pavillón municipal de A Seca (Poio). No documento adxunto tedes a convocatoria.
Ver

A preselección galega xuvenil feminina adestra o día 2 de decembro en Poio
A preselección galega xuvenil feminina realizará o 2 de decembro unha nova sesión preparatoria para o Campionato de España de Seleccións Territoriais , que se celebrará a comezos de 2019 en Valladolid. O adestramento será o 2 de decembro de 2018, de 16:30 horas ata as 18 horas, no Pavillón Municipal de A Seca (Poio). No documento adxunto tedes a convocatoria.
Ver

O domingo 2 de decembro, adestramento da preseleccion galega infantil feminina en Cangas
O Gatañal tamén acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil feminina, que se celebrará o día 2 de decembro, no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo dende as 18:30 h. as 20:00 horas. No documento adxunto tedes a convocatoria.
Ver