Publicaciones etiquetadas en FGBM
Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 19:03

Balonmán de Preto: Vanesa Pérez

Vanesa Pérez (xogadora e árbitra) descubriu a súa verdadeira paixón no balonmán praia, onde acadou a internacionalidade en 2008. A viguesa asegura que na praia hai un ambiente diferente e que @s árbitr@s séntense tamén parte do espectáculo. Queres coñecela mellor? Vanesa Pérez, a xefa da praia.

Ver
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 12:20

YAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS

Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 21:13

GRAN PECHE DE TEMPADA PARA O BALONMÁN OURENSÁN

O balonmán ourensán disputou as finais da Copa Deputación, comezando pola mañá co turno para os prebenxamíns, benxamins e alevins, que se deron cita no pavilllón O Consello para demostrar que o futuro está garantizado. No pavillón de Maquiáns os infantís femininos e masculinos  amosaron o seu gran nivel disfrutando tamén de grandes partidos. Estas foron as clasificacións finais dunha  mañá de balonmán de calidade e convivencia entre o futuro ourensán de noso deporte: PREBENXAMIN MIXTO 1° BM VC Ribeiro REBUSCA 46 "A" 2° BM… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 10:33

OS DÍAS 7 E 8 DE XUÑO, CURSO DE ÁRBITR@S PARA BM PRAIA EN VIGO

A Casa do Deporte en Vigo acollerá os días 7 e 8 de xuño un curso de formación para árbitras e árbitros no eido do Balonmán Praia.  As inscripcións deberanse realizar no seguinte enderezo: [email protected] e cun prezo de 20€. Faráselle entrega aos participantes dun regulamento acompañado dunha tarxeta, silbato, camiseta e gorra. Podes inscribirte ata o día 4 de xuño. Os horarios de impartición do curso serán: 7 de xuño - 16:00 a 21:00h 8 de xuño - 9:30 a 14:30 e 16:00 a 21:00h Animádevos! 

Ver
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 10:07

AD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia.  Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse… Ver más

Ver
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.