Federación Galega de Balonmán
20/05/2010 aux 00:00

O CONCELLEIRO DE DEPORTES DE VIGO RECIBIU ÁS SELECCIÓNS DE GALICIA E GRAN BRETAÑA, QUE SE ENFRONTAN

P> As seleccións galegas masculina e feminina de balonmán iniciarán mañá os partidos amigables que xogarán nesta fin de semana en diferentes localidades galegas. /P> P>O equipo masculino xogará mañá en Vigo (As Travesas, 20:45, entrada de balde) fronte a Gran Bretaña e por ese motivo o concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso, recibiu aos integrantes das seleccións de Galicia e Gran Bretaña no Concello de Vigo. /P> P>Xabier Alonso agradeceu aos deportistas a súa presenza en Vigo e lembrou que son “un espello para os máis novos nos que reflectirse”. Neste sentido salientou a importancia de organizar eventos con equipos deportivos de elite que promovan a práctica deportiva, pero tamén co obxectivo de dar continuidade ao deporte de base. BR> BR>No acto, o concelleiro agasallou aos representantes dos equipos con cadanseu exemplar da obra “Vigo cidade das o­ndas”, mentres que o capitán da selección inglesa entregou un agasallo ao concelleiro co emblema da Tower of London, así como por un representante da Federación Galega de Balonmán, quen obsequiou a Xabier Alonso cunha camiseta da selección. /P> P>“Este obsequio é moi especial para min, e o recollo con especial cariño”, manifestou o responsable de Deportes. Xabier Alonso asegurou que o feito de que a  Federación Galega de Balonmán aposte pola selección galega “amosa a súa sensibilidade, o cal é de agradecer”. /P> P> STRONG>Partido nas Travesas. /STRONG> A selección galega masculina, dirixida por Fran Teixeira e Alejandro López, disputará mañá (20:45 horas) o primeiro dos tres partidos que ten previsto xogar contra Gran Bretaña, e que permitirá á afección galega ver o nivel da nosa selección. Ademais nesta oportunidade, pola data elixida, os clubs non puxeron dificultades para ceder aos xogadores, polo que será a selección máis competitiva posible, con moitos representantes de equipos da Asobal. BR> BR> STRONG>Equipo feminino. /STRONG> E mentres a selección masculina, a feminina terá a súa cita no norte de Galicia. O equipo galego, dirixido por Abel Estévez, enfrontarase a Euskadi mañá venres 21 ás 19:00 horas no Pavillón Municipal Francisco Javier, no primeiro partido do III Memorial Tito Pispieiro. /P> P>No combinado feminino non houbo tanta sorte e o seleccionador non puido contar con todas as xogadoras que convocou por diferentes motivos (lesións, problemas persoais ou profesionais). Desta forma, o actual estandarte do balonmán galego feminino, Begoña Fernández, non pode estar coa selección galega tal e como xa fixo en anos anteriores, xa que se atopa concentrada coa selección española. E ademais, houbo cambios de última hora xa que tres xogadoras non puideron acudir á chamada da Galega por motivos persoais. /P> P>O III Memorial Tito Pispieiro reúne ás seleccións de Galicia, Portugal, Euskadi, Catalunya, e Gran Bretaña, nun torneo de altísimo nivel e tamén con entrada de balde. O torneo está dividido en dous grupos. No primeiro xogan Portugal e Gran Bretaña e no segundo Galicia, Catalunya e Euskadi e se clasifican os dos primeiros de cada grupo para a xornada do domingo. Los gañadores de cada grupo loitarán polo primeiro posto e os segundos clasificados polo terceiro lugar. /P>
Nom Taille Date
Voir Recepción balonmán.JPG 38,15 KB 20/05/2010
Voir SELECCIÓN GRAN BRETAÑA masculina.pdf 12,61 KB 20/05/2010
Voir euskadi.pdf 62,20 KB 20/05/2010
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.