Federación Galega de Balonmán
22/02/2017 aux 00:00
Tête

MAÑÁ 23 DE FEBREIRO CELEBRARASE O CAMPIONATO GALEGO UNIVERSITARIO DE BALONMÁN

Mañá 23 de febreiro celebrarase no Pavillón Municipal de Pontevedra o Campionato Galego Universitario de Balonmán coa participación dos equipos masculinos e femininos das Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Ese día celebraranse tamén no Campus de Pontevedra o resto dos Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos (baloncesto, fútbol, fútbol 7, fútbol sala, rugby 7 e voleibol), organizados polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, en colaboración coas diferentes federacións.
 
No caso do balonmán os partidos terán unha duración de 50 minutos (divididos en dous tempos de 25 minutos) a reloxo corrido, coa única dos derradeiros 5 minutos do segundo tempo nos que se parará o tempo cando haxa interrupcións do xogo. A competición desenvolverase ao longo do día.
 
 
Nom Taille Date
Voir Regto. CGU Deportes Colect. Pontevedra 2017.pdf 805,85 KB 22/02/2017
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.