
Federación Galega de Balonmán
19/05/2017 aux 11:10
Segue por streaming o descorrer de BM Porriño e Calvo Xiria na loita polo ascenso á Prata Masculina
Construcciones Castro Porriño e Calvo Xiria comezan hoxe a loita polo ascenso á División de Honra Prata Masculina. O BM Porriño xogará o sector de ascenso en casa e terá como rivais ao Balonmán os Dólmenes, ACV Santoña e Trapagarán. O primeiro partido do conxunto galego será hoxe venres a partir das 21 horas contra os Dólmenes. Logra o ascenso o primeiro clasificado de cada sector.
Pola súa banda, o Calvo Xiria viaxará a Lanzarote onte terá que enfrontarse aos locais do Ca´Mario Lanzarote, ao KH-7 Granollers e Elche Vulcanizados Alberola. Os galegos abrirán o sector contra o conxunto canario a partir das 20:00 horas.
Podedes seguir os partidos dos nosos representantes a través do streaming da RFEBm. Aquí tedes o enlace