Federación Galega de Balonmán
08/05/2019 aux 20:36
Tête

DEFINIDOS OS SECTORES INFANTÍS CO CARBALLAL COMO ANFITRIÓN NA CATEGORÍA FEMININA

Vigo, coa A.D. Carballal como organizadora, acollerá do 23 ao 26 de maio o sector A do Campionato de España Infantil Feminino. Hoxe o Departamento de Competicións e Actividades da Real Federación Española de Balonmán comunicou a distribución dos sectores en categoría infantil masculina e feminina. O mellor clasificado de cada grupo acada a clasificación para a fase final.

Categoría infantil feminina

Na categoría feminina, o Carballal xogará en casa, mentres que Balonmán Cangas viaxa a Camargo e o Cafetería Tato Lavadores xogará en Valladolid. Os grupos con clubs galegos quedan da seguinte forma:

Sector A (Vigo) | Grupo I | C.D. Vallecas / Uribe Urduliz / A.D. Carballal | Grupo II | Oviedo Balonmano Femenino / Balonmano Zamora
Sector B (Camargo) | Grupo I | Balonmán Cangas / Moya Tilover / HBC'74 Construcciones Saypa | Grupo II | Kukullaga Etxebarri / Liberbank Gijón
Sector C (Valladolid) | Grupo I | Cafetería Tato Lavadores / Colegio San Agustín / Hand Vall | Grupo II | Academia Alcobendas / Trapaia Pulpo K.E.

Categoría infantil masculina

Na masculina, A A.D. Carballal viaxará a Gijón, mentres que o Balonmán Culleredo xogará en Aranda de Duero e o Balonmán Porriño en Villafranca de los Caballeros. Os grupos con clubs galegos quedan da seguinte forma:

Sector A (Gijón) | R.G.C. Covadonga - Grupo IMQ / A.D. Carballal / Beltzagorri 2005 / Balonmano Delicias
Sector B (Aranda de Duero) | Grupo I | Zarazpe Pulpo K.E. / PAN Moguer / Moral Cayuela Villa de Aranda | Grupo II | Balonmán Culleredo / C.D. Iplacea
Sector F (Villafranca de los Caballeros) | Grupo I | C.P. Paideuterion / Bahía de Almería / EDM Villafranca | Grupo II | Balonmán Porriño / Balonmano Elche

Os mellores equipos de España dividiranse en oito grupos, para loitar durante a fin de semana do 23 ao 26 de maio por unha das prazas que dan acceso á Fase Final do Campionato de España, que se disputará do 5 ao 9 de xuño.

Moita sorte aos clubs galegos!

0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.