Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 aux 19:10
Tête

ESTA FIN DE SEMANA, SEGUNDA PROBA DO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA EN O GROVE

Esta fin de semana (do 21 ao 23 de xuño) celebrarase o Torneo de O Grove de Balonmán Praia, segunda proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Ao igual que en Baiona, serán tres días de competición na praia de Raeiros (San Vicente do Mar), con 80 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), no que podemos observar un notorio crecemento de conxuntos en base á primeira proba.

O venres, en xornada de tarde, comezarán os máis pequenos e a partires do sábado xa poderemos disfrutar de todas as categorías restantes. 

Repetirán os campións de Baiona? 

Nesta publicación tedes os arquivos adxuntos cos grupos definitivos e os horarios de competición.

Agardámosvos na area!  


Nom Taille Date
Voir GRUPOS COMPETICIÓN RAEIROS 56,01 KB 20/06/2019
Voir CALENDARIO RAEIROS 168,77 KB 20/06/2019
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.