4 GALEGOS MEDALLISTAS NO CAMPIONATO DE EUROPA DE BALONMÁN PRAIA
Polonia acolleu a semana pasada o Campionato de Europa de balonmán praia onde Galicia estivo representada nos conxuntos nacionais xuvenís e con espectacular resultados, xa que os catro galegos presentes regresaron a casa cunha medalla no peto. A selección española feminina acadou o ouro, mentres que a masculina foi bronce.
Os Hispanos Xuvenís Area con Pablo González, Jose Chao e David Álvarez, todos do BMP Veba, acadaban a medalla de bronce fronte a Holanda (0:2) tras facer un gran campionato. Os rapaces de Pedro Bago tiveron á selección de Hungría como verdugo nas portas da final, os mismos contra os que sufriron a súa única derrota nas fases previas.
Pola outra banda Ana Alonso, formou parte das Guerreiras Xuvenís Area como axudante do seleccionador Jose Luis Pérez Poblete. O conxunto nacional español proclamouse campión de Europa tras vencer nunha intensa final a unha das grandes favoritas, a selección de Hungría.
Noraboa a tod@s!