Federación Galega de Balonmán
14/06/2010 alle 00:00

A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN PRESENTA O CLINIC PARA ADESTRADORES E O IV CAMPUS JUAN DE DIOS ROMÁN

P>Aínda que estamos en verán, a actividade da Federación Galega de Balonmán non se detén. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do II Clinic para Adestradores e o IV Campus Juan de Dios Román, que se celebrarán nos próximos días, organizados pola federación en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra. /P> P>No acto de presentación de ambas actividades estiveron presentes o vicepresidente da Deputación provincial, Chema Figueroa; o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo; o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro, e o director técnico da federación, Antonio Plaza. /P> P>Sotelo destacou a estreita colaboración existente entre ambas institucións e explicou que as dúas actividades terán lugar en instalacións da propia Deputación Provincial (na sede de Vigo e no centro vacacional da Lanzada). /P> P>Foi o director técnico da Federación Galega quen explicou o contido do clinic para adestradores de balonmán, “que ten como obxectivo actualizar e mellorar a formación dos técnicos galegos, e con contidos que sexan útiles para o traballo diario dos técnicos”. O curso celebrarase os días 18 e 19 de xuño en Vigo (na sede da Deputación Provincial, rúa Oporto, 3) para as clases teóricas, mentres que as prácticas terán lugar no Pavillón de Chapela.  *(adxunto programa) /P> P>Todas e todos os interesados en participar nesta actividade poden inscribirse na Federación Galega de Balonmán ( A href="mailto:[email protected]">[email protected] /A>, A href="mailto:[email protected]">[email protected] /A>) antes do día 16 de xuño e o clinic é completamente gratuíto. Os asistentes poderán escoitar a ponentes tan destacados como Juan Oliver Coronado (responsable do departamento feminino da Federación Española de Balonmán e ex seleccionador nacional sénior de Brasil), Zupo Equisoain (adestrador do Club Cuenca 2016),  Rául González Gutiérrez  (axudante do adestrador do Club Balonmán Ciudad Real) ou Perico García Ramírez (responsable da escola de porteiros do  Granollers). BR>            BR>Pola súa banda, o presidente da Federación Galega, José Luis Pérez Ouro, fixo un agradecemento á Deputación Provincial polo esforzo que “está a facer co balonmán. Estamos en total sintonía e iso é algo que se pode ver cada día que pasa. Ademais, sen o apoio da Deputación sería inviable facer este clinic, coa mellor xente a nivel estatal e ademais sendo totalmente gratuíto para as e os interesados”. /P> P>Con respecto ao IV Campus Juan de Dios Román, Ouro destacou que “abrimos a inscrición a primeiros de abril e aos vinte días tivemos que pechala porque xa se encheran as noventa prazas dispoñibles, con nenos e nenas de todo o Estado español e incluso temos un italiano, e unha lista de espera importante”. O máximo responsable da Galega destacou a presenza no campus de “Jota” (Jesús Javier González), técnico do Naturhouse la Rioja, que “vai estar con nós toda a semana” e expresou a súa satisfacción polo feito de que “as e os nenos que por idade poder repetir no campus ao ano seguinte, fano, o cal é para nós a mellor publicidade posible. Estamos a falar dun dos mellores campus que se celebran en España”. O campus terá lugar entre os días 26 de xuño e 3 de xullo e celebrarase na Lanzada (O Grove). Ademais, coincidindo co campus, a Federación Española de Balonmán organizou o primeiro campus para mulleres árbitros no que xa están inscritas 71 árbitras e tamén terá lugar nesta mesma localidade galega, polo que O Grove será o centro do balonmán español durante esa semana. /P> P>Por último, o vicepresidente económico da Deputación Provincial, Chema Figueroa, quixo recordar que, ademais destas actuacións concretas, ambas institucións traballan conxuntamente nas escolas deportivas de balonmán, nas que participan 1.800 nenos e nenas e “isto é o que para min é de verdade importante, xa que lle estamos dando a oportunidade de practicar balonmán a nenos e nenas que non podían facelo. Eu creo que non hai una iniciativa semellante, que mova a tal cantidade de rapaces, e a verdade é que estamos moi satisfeitos dela”. BR>  BR> /P>
Nome Taglia Data
Vedere CARTEL CLINIC2[1].pdf 774,72 KB 14/06/2010
Vedere CIMG0395.JPG 40,56 KB 14/06/2010
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.