Federación Galega de Balonmán
01/12/2010 alle 00:00
CONVOCATORIA DA SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA PARA O TORNEO "POLA DE GORDÓN"
A Federación Galega de Balonmán deu a coñecer a convocatoria da selección galega xuvenil masculina que participará no Torneo Internacional Xuvenil Masculino "Pola de Gordón", que se celebrará entre os días 3 e 6 de decembro en Pola de Gordón e León.
A continuación, podedes descargar a convocatoria e a autorización dos pais, necesaria para poder viaxar co equipo.