Federación Galega de Balonmán
06/04/2017 alle 00:00
SANDRA MARTÍNEZ, CONVOCADA POLA SELECCIÓN NACIONAL DE BALONMÁN PRAIA FEMININA PARA UNHA CONCENTRACIÓ
A xogadora galega do BM Painkillers AC Kalo, Sandra Martínez, forma parte da primeira convocatoria da selección española feminina de balonmán praia da presente tempada, que se celebrará do 12 ao 16 de abril en Alcalá de Henares.
O combinado nacional, dirixido polo seleccionador Daniel Lara, aloxarase na Residencia Universitaria Giner dos Ríos (Alcalá de Henares) para preparar o Campionato de Europa que se celebrará do 20 ao 25 de xuño en Zagreb (Croacia).
A continuación tedes a convocatoria das Guerreiras da area.