
Federación Galega de Balonmán
29/05/2017 alle 09:45
Curso de árbitro de balonmán praia en Vigo
Os próximos días 30 e 31 de maio e 1 de xuño celebrarase en Vigo un curso de árbitro de balonmán praia, unha especialidade que medra día a día. O curso será realizado na Casa do Deporte de Vigo (R./ Luis Ksado, 17) de 16 a 21 horas.
Todas as persoas interesadas poden contactar coa Escola Galega de Árbitros no seguinte correo electrónico [email protected]