Federación Galega de Balonmán
11/07/2018 alle 21:32
Testa

As seleccións galegas absolutas venceron á República Dominicana en Lalín

Lalín acolleu hoxe o dobre enfrontamento entre as seleccións de Galicia e a República Dominicana masculina e feminina e con triunfo para os combinados galegos.

O partido feminino foi o primeiro en celebrarse. Ambos equipos xa se coñecían porque a semana pasada xogaron dúas veces en Mos, con vitoria para as dominicanas. Pero a selección galega soubo nesta oportunidade como frear ás sudamericanas. Cunha moi forte defensa, a magnífica actuación das nosas porteiras e movendo moi rápido o balón en ataque, para intentar descolocar a súa defensa. foi un partido moi igualado, que se resolveu cun 28-25 a favor das galegas.

Posteriormente disputouse o partido masculino, no que os homes dirixidos por Quique Domínguez tamén foron quen de superar á República Dominicana. Aínda que con distancias non moi amplas, Galicia foi sempre por diante no marcador cunha moi boa defensa e bastante acertados no aspecto ofensivo. Ao descanso, 17-14.

Na segunda metade, o partido continuou igualado, pero os dominicanos remontaron unha diferenza de tres tantos, cun parcial de 4-0, que os colocou por diante. Pero Galicia reaccionou e cunha mangnífica actuación na portería, lograron volver a adiantarse, ata o 30-27 final.

0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.