
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 alle 12:46
Cangas acolle este domingo a sesión de traballo da preselección infantil feminina
A preselección galega infantil feminina realizará o próximo 18 de novembro (16:30 horas) unha sesión de adestramento no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo. Esta xornada forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se desenvolverá a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid.
Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.