
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 alle 13:03
A preselección xuvenil feminina adestrará este domingo no Gatañal
A preselección xuvenil feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais. Así, o combinado adestrará o 18 de novembro ás 18:30 horas no Pavillón do Gatañal en Cangas,no que será unha sesión de traballo máis cara a decidir a convocatoria da selección galega para esta importante cita.
Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.