
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 alle 13:09
A preselección cadete feminina adestra o domingo na Cañiza
O Pavillón Municipal da Cañiza acollerá o adestramento da preselección galega cadete feminina, que se celebrará o domingo 18 ás 17:00 horas. Esta sesión forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid.
Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.