
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 alle 13:21
O domingo 18, adestramento da preselección xuvenil masculina en Redondela
A preselección xuvenil masculina tamén realizará esta fin de semana unha sesión de adestramento. Será o domingo 18 de novembro, das 16:30 horas ás 18:30 horas no Pavillón municipal de Redondela (antiga “Bombonera”). Este adestramento é preparatorio do Campionato de España de Valladolid (xaneiro de 2019).
Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.