Federación Galega de Balonmán
23/02/2019 alle 19:45
Testa

A PRÓXIMA SEMANA, VISITA DA IHF ÁS INSTALACIÓNS DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA

Unha delegación da Federación Internacional de Balonmán (IHF) visitará os días 25, 26 e 27 de febreiro Vigo e Pontevedra para seguir avanzando na organización do  Campionato do Mundo de Balonmán Júnior 2019, que se celebrará nestas cidades do 16 ao 28 de xullo.

Desta forma, os inspectores da IHF Per Bertelsen e Marco Tosi Brandi estarán durante tres días en Galicia para visitar os pavillóns de xogo e de adestramento, así coma hoteis na cidade de Vigo. Ademais, celebraranse varios reunións de traballo cos dirixentes da Federación Española e Galega, así coma técnicos e responsables políticos dos Concellos de Vigo e Pontevedra. O pasado ano xa houbo unha visita dunha delegación da IHF para coñecer as instalacións e marcar as liñas a seguir.

O Mundial de Balonmán Júnior 2019, que reunirá a 24 seleccións, celebrarase  no mes de xullo (do 16 ao 28) en dúas sedes: Pontevedra (Pavillón Municipal) e Vigo (Pavillón das Travesas).


Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.