Federación Galega de Balonmán
07/03/2019 alle 13:07
Testa

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO II TORNEO INTERNACIONAL DE PAREDES

O II Torneo Internacional da Cidade de Paredes (Portugal), que se celebrará do 3 ao 7 de xullo, comeza a dar os seus primeiros pasos, coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, que enviará a 30 árbitros galegos para participar neste evento. O prazo de inscrición, que xa está aberto, pecharase o 26 de xuño.

Este torneo, organizado polo Clube Andebol Baltar - CRD e o Concello de Paredes, ten o obxectivo de reunir a 235 equipos e 3.500 deportistas, que xogarán 600 partidos en só cinco días de competición en 15 pavillóns. O torneo está destinado para equipos federados, escolas ou colexios e seleccións nas seguintes categorías: Veterana masculina e feminina, senior masculino e feminino, júnior masculino e fememino, xuvenil masculino e feminino, cadete masculino e feminino, infantil masculino e feminino e mini/alevín masculino e feminino. Ademais de balonmán en todas as súas vertientes (en cancha pechada, balonmán praia e balonmán adaptado) haberá numerosas actividades de ocio, culturais e deportivas para as e os participantes.

Na páxina web do evento tedes toda a información ao respecto:

https://paredescup.com/pt_pt/

A colaboración entre a Federación Galega de Balonmán e o II Torneo Internacional de Paredes quedou establecida hai unhas semanas, cando representantes da organización lusa acudiron a Galicia para reunirse co presidente da Federación Galega, Bruno López, co obxectivo de establecer liñas de colaboración entre Galicia e Portugal. Desta forma, 30 árbitros galegos formarán parte deste evento e adquirirán así tamén experiencia internacional, que lles servirá cara ao futuro.

Spot promocional Paredes 2019




0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.