Federación Galega de Balonmán
25/03/2019 alle 11:06
Testa

DH XUVENÍS: O DESENLACE DUNHA ÚLTIMA XORNADA DECISIVA

AD Carballal, BM Porriño e BM Lalín serán os representantes galegos nos sectores nacionais na modalidade feminina, mentres que o Cisne Colegio Los Sauces e a AD Carballal participarán na masculina.

Comezaba a fin de semana co encontro entre o BM Porriño e o BM Lalín feminino onde as do Deza  xogánbase conseguir a terceira praza dispoñible para disputar a fase estatal. E así foi, o BM Lalín fixo historia dentro do seu club e gañou o encontro con resultado 28-30 despois de ter rendas de ata 9 goles.

Este resultado imposibilitaba ao Asmubal Meaño, pese a súa vitoria, a ter acceso a praza, xa que o gol-average estaba a favor das dezanas.

Desta forma, cos outros dous postos xa decididos (AD Carballal e BM Porriño), pechouse a lista de clasificados para o sector nacional.

Na competición masculina todos os partidos comezaban na mañá do domingo ás 12:30h. Cos nervios a flor de pel o Cisne Colegio Los Sauces e a AD Carballal só dependían de si mesmos para conseguir a clasificación. Máis pendente estaba o Seis Do Nadal quen, cunha vitoria sobre o Laber Xiria e se o Carballal caía derrotado, converteríase no segundo clasificado.

Moi doado foi o encontro para os pontevedreses do Cisne que conseguían unha vitoria fronte ao colista por 19-42. Este resultado proclamábaos oficialmente como campións galegos con acceso directo as fases estatais.

A AD Carballal acudía como visitante á pista da SD Teucro recordando o complicado partido de ida onde só gañaban por tres tantos. Un partido na mesma dinámica que no xogado en Vigo e que remataba de igual maneira con resultado 27-30.

Noraboa a todos os equipos clasificados, e agora a soñar cos sectores nacionais!

0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.