Federación Galega de Balonmán
04/04/2019 alle 12:26
Testa

UNIVERSIDADE DE VIGO, CAMPIOA DE ESPAÑA UNIVERSITARIA FEMININA

O equipo feminino da Universidade de Vigo logrou proclamarse hoxe, en Valencia, campión de España de Balonmán Universitario, tras vencer na final á Universidade de Valencia por 23-26.

As viguesas, que tiveron na fase de grupos un pleno de vitorias, foron por diante no marcador dende o inicio e así chegaron ao descanso con tres tantos de vantaxe /12-15). A segunda parte tamén foi moi plácida, co conxunto galego dominando con tranquilidade o partido fronte a UValencia, locatarias e un dos equipos favoritos para facerse co título. Non houbo que sufrir para pechar o triunfo na final (23-26) e as galegas puideron celebrar por todo o alto este gran éxito. 

Hai que destacar, que Lara Patiño xogou lesionada toda a segunda parte, pero aguantou a dor para poder axudar ás súas compañeiras. Iso si, ao remate do choque houbo que ir ao hospital para coñecer o diagnóstico: Fractura de estiloides cubital da man esquerda.

A Federación Galega de Balonmán quere felicitar a todas as protagonistas e ao corpo técnico  e dar as grazas aos clubs por ceder ás xogadoras e permitirlles así cumprir un soño.

Estas son as campioas de España e o seu corpo técnico!

Inés López (AD Carballal)
Sara Carril (SAR)
Cova López (Seis do Nadal)
María Pexegueiro (SAR)
Carla Abad (BM Cañiza)
Alba Corredoira (Seis do Nadal)
Carla Caride (AD Carballal )
Laura Carracedo (AD Carballal)
Tamara Seijas (BM Lalín)
Mónica Sineiro (Asmubal Meaño)
Lara Patiño (SAR)
Carmen García (Seis do Nadal)
Laura Rúa (AD Carballal)
Xeila Fervenza (SAR)


Adestrador: Iago Rivas (Seis do Nadal)
Segundo: Jesús Veiga (BM Cañiza)


Xogadoras reservas que non viaxaron pero xogaron interzonal e galego:


Alba Amoedo (AD Carballal)
Anabel Gil (Seis do Nadal)






0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.